Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
BASEADA NA TECNOLOXÍA DE GOOGLE MAPS

Comproba cal é a mellor ADSL da túa veciñanza

O portal ADSL Net publica unha ferramenta para comprobar rúa por rúa se as operadoras subministran realmente a velocidade que prometen

Redacción - 09:45 29/08/2007

O sitio web ADSL Net acaba de publicar un mapa interactivo que localiza as velocidades das conexións ADSL no Estado español. Esta útil ferramenta,permite saber que operador ofrece unha maior velocidade na nosa velocidade, entre outras funcións.

O certo é que, na maioría dos casos, as velocidades reais das conexións ADSL distan moito do ofertado polas empresas. Un dos factores que máis inflúe nas prestacións finais é a distancia entre a central telefónica que presta o servizo e o usuario final. Por iso o mapa -baseado na tecnoloxía de Google Maps- informa sobre a situación do 90% das centrais.

A maioría das operadoras non cumpre
Ademais, a ferramenta proporciona detalles sobre os test de velocidade efectuados por consumidores conectados a esas centrais. É dicir, mostra se as operadores están ser quen a subministrar aos nosos veciños a velocidade contratada, algo que sucede nunha pequena proporción dos casos.


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Centrais e test de velocidade na zona vella de Compostela
Centrais e test de velocidade na zona vella de Compostela