Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Patrimonio cultural

O pazo de Meirás: unha historia de desencontros coa Xunta

Cultura paralizou no último lustro dúas obras que a familia Franco pretendía executar sen permiso.

Redacción - 11:09 03/09/2007
Pazo de Meirás / Flickr: edans

Pazo de Meirás / Flickr: edans

Agora que a Xunta está pendente dos tribunais para poder acceder ao pazo de Meirás, sábese que non foi este o primeiro conflito que mantivo a familia Franco co Goberno por mor do predio. A Consellaría de Cultura suspendeu dúas veces en cinco anos obras executadas sen permiso no pazo. En ambas as ocasións, a familia da duquesa de Franco non solicitara a autorización que requiren os bens catalogados e con protección integral.

A primeira actuación paralizouse en outubro de 2002, lembra na súa edición do luns La Opinión. Daquela, construíronse unhas columnas de cemento no lugar dun portal cun arco de pedra supostamente do século XVI. A Dirección Xeral de Patrimonio ordenou a interrupción dos traballos despois dunha denuncia veciñal, ao comprobar que carecía de licenza, aínda que os promotores seguiron adiante coa obra.

En xaneiro de 2004 comezouse a construción dun muro de contención entre a muralla exterior da finca e as torres sen ningún tipo de permiso nin de licenza. Tamén se acometeron outras reformas para preparar o pazo de cara a uns eventos da familia Franco: unha comuñón, unha voda e unha pedida de man. Esta segunda paralización foi máis polémica, pois tanto a Xunta como o Concello tiveron que insistir varias veces.

O Goberno espera que o xuíz lle conceda autorización para acceder ao pazo de Meirás, despois da negativa da familia a permitirlles a entrada aos técnicos de Cultura. A consellaría precisa dunha inspección para poder declarar o predio Ben de Interese Cultural. Con ese recoñecemento, os donos do pazo estarían obrigados a facilitaren a visita pública gratuíta durante catro días ao mes.


4,22/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: