Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo, Vuelta

Segunda vitoria de Petacchi nunha etapa para os máis rápidos

Os equipos dos velocistas souberon aproveitar o seu momento, nunha etapa sen montaña, e conseguiron máis fuxidas.

Redacción - 18:48 13/09/2007
Un momento da 11ª etapa, cos corredores do Karpin Galicia de fondo

Un momento da 11ª etapa, cos corredores do Karpin Galicia de fondo

Despois de que Petacchi gañase na cuarta feira a súa primeira etapa nesta Vuelta, na quinta chegou a segunda etapa do imparábel italiano, chegando ás 19 en total na rolda española.

A 12ª etapa foi un outro duelo entre velocistas, que souberon aproveitar a súa oportunidade para gañarlles puntos a todos os grandes. Nos 176 quilómetros que tiña esta etapa, houbo até cinco cambios de provincia, comezando en estradas valencianas, para pasar a Alicante, dalí a Albacete, a Murcia, e logo outra volta por Albacete.

19 corredores xa abandonaron a Vuelta
A mañá comezaba coa noticia do abandono de Piepoli, e xa van 19 corredores que deixan esta Vuelta dende que botou a andar, hai hoxe 11 días, en Vigo. Os ciclistas máis rápidos comezaron a fuxir no quilómetro 12 e mantivéronse até o 176, cando comezaron os sprints por chegar primeiros á liña de meta.

As impresións do Karpin Galicia

Os corredores do Karpin seguen loitando por quedar ben alto na primeira Vuelta que disputan.

Nunha entrevista que saía a cuarta feira no Diario Vasco, Ezequiel Mosquera, un dos homes revelación desta rolda, aseguraba que é aínda máis duro traballar no serradoiro familiar que pedalear nunha grande. Esta é a primeira carreira deste tipo na que participa o ciclista galego, que nunca tiña pedaleado máis de 14 días seguidos-, polo que confesa que aínda non sabe como lle van saír as cousas no que queda de Vuelta.

Mosquera tamén di que chegou ao ciclismo moi tarde -ten 30 anos e comezou aos 19-, mais quere lembrar que foi en Portugal onde comezou a pedalear a nivel profesional, como lles aconteceu a moitos ciclistas galegos, antes de que se creara o equipo profesional do país, o Karpin Galicia.

Aquí podedes ler aquí a entrevista.

Os corredores do Karpin, na rede
Tamén se poden ler as impresións diarias dun outro corredor do Karpin Galicia, Gustavo Domínguez, nun blogue de ciclismo, no que conta o que lle acontece, etapa tras etapa. No seu último post salienta que os participantes da Vuelta están un bocadiño cansos das rotondas. Na etapa da cuarta feira tiveron que superar 75, os 170 seguidos, pasando un por un, o que supón un esforzo meirande.

Pensando nisto, a organización eliminou na etapa da quinta feira algunhas das rotondas do seu percorrido.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: