Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
En CulturaGalega.org

Margarita Ledo dá as claves do seu documental sobre Líster

Liste, pronunciado Líster, é o título deste documental sobre o home que liderou o chamado 'Batallón galego', o comandante en xefe do V Rexemento do Exército Republicano. A súa autora explica neste vídeo, en Cultura Galega, a xestación deste filme:

Redacción - 17:25 24/09/2007



Este vídeo encádrase dentro dunha extensa reportaxe en Cultura Galega.

Canteiro, emigrante, traballador no capitolio da Habana e no metro de Moscú, vingou aos agresores da súa nai, loitou no campo de batalla e chegou a se converter en lenda grazas á súa loita coas Milicias Galegas durante a guerra civil. Poetas como os represaliados Antonio Machado e Miguel Hernández chegaron a lle dedicar poemas.

Margarita Ledo Andión, catedrática de comunicación audiovisual na USC, dirixiu e guionizou Liste, pronunciado Líster, xuntando testemuños orais, como o da súa viúva e o seu fillo, con recreacións moi evocadoras, interpretadas por Mónica Camaño, Margarita Fernández, Goldi, Anxo Laborda, Zé Paredes ou Pablo Rodríguez.


4,75/5 (4 votos)