Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Oriente Próximo

Intelectuais israelís pídenlle ao goberno que negocie con Hamás

Entre os asinantes hai autores como Amos Oz, David Grossman ou A.B. Yehoshua. O goberno de Israel xa rexeitou a súplica.

Redacción - 12:25 25/09/2007

Un destacado grupo de académicos e escritores israelís, entre os que se atopan autores como Amos Oz, David Grossman ou A.B. Yehoshua, solicitáronlle ao goberno do país que retome as negociacións con Hamás para acordar un cesamento do fogo xeral.

Na súa petición sinalan que isto "axudaría a rematar co sufrimento de de israelís e de palestinos". O goberno de Israel xa rexeitou a súplica, argumentando que un grupo dedicado á destrución de Israel non pode formar parte dun proceso de diálogo deste tipo.

"Israel negociou no pasado cos seus peores inimigos", afirman os asinantes. En resposta, o voceiro do Ministerio de Asuntos Exteriores, Mark Regev, describiu a petición como contraproducente: "Darlle recoñecemento e lexitimidade a Hamas o único que vai conseguir é reforzar os extremistas e debilitar os moderados".

"A posición do goberno de Israel e a da Unión Europea, Canadá e Estados Unidos é que deben ser os palestinos moderados os nosos interlocutores", engadiu Regev.


3/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: