Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este xoves á mañá

Xesús Fraga falará en Stirling sobre Nabokov e Barnes

O Centro de Estudos Galegos de Escocia inaugura o curso cunha conferencia sobre a tradución.

Redacción - 10:58 26/09/2007

O escritor, xornalista e tradutor Xesús Fraga falará sobre as súas traducións máis recentes: Arthur e George, de Julian Barnes, e Lolita, de Vladimir Nabokov, aínda no prelo, sobre a tradución literaria e sobre a compaxinación do seu traballo xornalístico e como escritor e tradutor.

O acto organízano os departamentos de Film and Media e de English da Universidade de Stirling. Terá lugar no salón de actos da Facultade de Artes, ás 10.00 deste xoves 27 de setembro.

Xesús Antón Fraga Sánchez é licenciado en Xornalismo e comezou a estudar Filoloxía Inglesa en Salamanca. Naceu no londiniense barrio de South Kensington, no 71, e alí pasou os primeiros anos da nenez. A súa familia trasladouse despois ao barrio coruñés de Monte Alto e, despois, a Betanzos, de onde é orixinaria. Actualmente é redactor na sección de Cultura de "La Voz de Galicia". Como narrador publicou en Xerais os libros de relatos Tute para catro (2000) e A-Z (2003), ademais da novela Solimán (2004), pola que obtivo o premio Rubia Barcia-Cidade de Ferrol 2003.


4.5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: