Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
III CAMPUS DE ACTIVIDADES ACUÁTICAS CIDADE DE PONTEVEDRA

Aprendendo a nadar e a xogar ao waterpolo

O sábado clausúrase este campus que por terceiro ano consecutivo organizou o Club Natación Pontevedra en Campolongo con máis de 80 pequenos e pequenas.

Redacción - 13:43 27/09/2007
Foto de familia dos participantes no campus

Foto de familia dos participantes no campus

Neste campus había nenos e nenas dos 4 aos 14 anos e aprenderon a nadar ou melloraron o seu estilo durante case todo o mes, divididos en tres grupos. Ademais, este ano tamén practicaron o waterpolo, un deporte que fai que este campus se diferencie do resto que se organizan en Galiza.

Segundo conta os organizadores, -o Club Natación Pontevedra que esta año cumpre 20 anos-, o grupo de nenos apuntados ao campus estiveron en mans dalgúns dos mellores grupos de adestradores de Galiza. Moitos dos cativos poden aínda apuntarse aos grupos de adestramento de natación ou waterpolo da tempada que xa comeza.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: