Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Lumes en Portugal

En 2007 houbo o menor número de incendios dende que existe rexistro

Segundo os bombeiros portugueses, a área destruída polos lumes no país foi a menor dende que se comezou a contabilizar, en 1980.

Redacción - 10:30 30/09/2007

O presidente da Liga dos Bombeiros Portugueses (LBP), Duarte Caldeira, sen especificar números, asegurou que fai un balance positivo da campaña contra o lume deste ano xusto na véspera do fin da chamada fase Charlie -as dúas anteriores chámanse Alfa e Bravo-, o período que vai do 1 de xullo ao 30 de setembro, cando se reúnen as condicións máis favorábeis para a propagación dos incendios forestais.

As "culpábeis": as condicións climáticas favorábeis

As "condición climáticas extremamente favorábeis" son escollidas como as principais razóns deste descenso do lume no medio rural, xa que, segundo os bombeiros, foron as que evitaron que se propagasen os incendios.

Dende o Instituto de Meteorología portugués aseguran que este mes tivo as "temperaturas medias máis baixas dos últimos 20 anos", que acrecentaron a elevada pluviosidade, contribuíndo para "manter altos índices de humidade no solo", factor que constitúe un obstáculo ao lume.

O monte portugués continúa a ser un problema

A pesar da diminución do número de incendios, o dirixente dos bombeiros lembrou que o monte portugués non variou nada en dous anos, e continúa a ser un problema. Os incendios forestais destruíron, entre xaneiro e agosto, 12.188 hectáreas, segundo datos da Direcção-Geral dos Recursos Florestais (DGRF). Houbo un 33% de lumes de media nestes 5 anos, e ardeu un 6,2% da área do país.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: