Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A FISCALÍA PACTOU UNHA REDUCIÓN DE PENA

Dous anos de cadea para un pontevedrés por apoloxía nazi na rede

César Fernández defendía a superioridade aria e que os xudeus causaran os ataques do 11S e a guerra de Iraq

E.P. - 17:11 02/10/2007

O Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra condenou a César Fernández Barroso a dúas penas dun ano de prisión cada unha, e ao pagamento dunha multa de 1.440 euros por senllos delitos de negación do Holocausto, e contra o exercicio dos dereitos fundamentais incitando ao odio ou a violencia por motivos racistas, antisemitas ou de carácter ideolóxico.

Inicialmente a Fiscalía solicitaba a pena de tres anos e medio de prisión, pero para alcanzar un acordo de conformidade rebaixou a petición de condena a dous anos de prisión e o acusado mostrouse de acordo.

Defensa da superioridade racial
Este pontevedrés de 33 anos creou hai cinco anos unha páxina de Internet (www.resistenciaria.org) na que se exaltaba a ideoloxía nazi e que se presentaba como un portal nacionalsocialista no que se defendían argumentos como que "os negros, indios, mexicanos ou portorriqueños teñen un coeficiente intelectual quince puntos por debaixo dos brancos".

Na web tamén se relacionaba "ao pobo xudeu coa conspiración mundial", cos atentados de Nova York do 11 de setembro de 2001, coa guerra de Iraq, co tráfico de drogas ou co crime organizado".

Pacto xudicial

Á saída do xuízo o avogado defensor, Alberto de Salazar, explicou que o seu cliente deu a súa conformidade coa acusación para evitar unha condena maior, pero entende que "os comentarios dirixidos á negación do Holocausto entran dentro da liberdade de expresión".

A investigación deste caso vinculado a Internet por parte da Guardia Civil iniciouse a raíz da denuncia dun particular hai máis dun ano.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: