Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A Consellaría de Traballo ofrece mediar no conflito

Os traballadores da construción farán presión parando as obras do tren

De non haber acordo antes o paro será indefinido desde o próximo día 16.

Redacción - 09:00 03/10/2007

Alén das concentracións previstas para este mércores, entre as 12 e as 13h, na Porta do Sol de Vigo, que podería incluír unha manifestación polas rúas da cidade, os traballadores do sector da construción na provincia de Pontevedra acordaron tamén desprazárense durante esta xornada até a comarca do Deza. Aló tratarán de paralizar as obras na liña de alta velocidade ferroviaria. Ao longo da semana, e despois de subliñar que o paro ten un seguemento completo nas cidades, estenderán principalmente as reivindicacións a algunhas comarcas onde o impacto inicial da folga foi menor.

De xeito paralelo, este martes a Consellaría de Traballo propoñíalle ás partes en conflito unha mesa de negociación onde Traballo actuaría como mediador. Desde a patronal amosáronse dispostos a sentar de xeito inmediato, malia que consideran que neste momento é difícil que se vaia chegar a un consenso. Por parte dos traballadores, o secretario da Federación de Construción de CIG en Pontevedra, Xaquín Agulla, dubidaba da vontade de diálogo dos patróns e chamaba aos empresarios da construción a faceren "un exame de conciencia e presentar unha oferta de convenio digna, acorde cos enormes beneficios que se veñen xerando sen que até o de agora repercutiran sobre os traballadores".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: