Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Acusan de "mentireiros" a PSdeG e BNG

Os populares ourensáns evitan explicacións polo burato económico

O ex concelleiro de Réxime Interior nega as acusacións e evita afondar até coñecer en detalle o informe xurídico sobre as presuntas irregularidades.

Redacción - 09:00 05/10/2007

"Non teñen fundamento", opinou este xoves o ex concelleiro ourensán de Réxime Interior. Francisco Xavier Rodríguez Nóvoa descartou que existan as débedas subliñadas polo actual responsábel de Economía no Concello de Ourense e insistiu en que debería haber 17 millóns de euros en efectivo nas contas municipais. Segundo Rodríguez Nóvoa, as facturas de gastos en exercicios anteriores quedan en 82 mil euros.

"Teño a miña argumentación e hei debullar verdades a medias que son peores que mentiras cos que eles construíron este expediente", retrucoulle ao actual goberno local. Así, comentou que mesmo podería presentar contra o alcalde unha demanda por calumnias e dixo ter "a conciencia tranquila" sobre o seu labor no Concello. Ao respecto da posibilidade de que chegue á fiscalía o informe xurídico e poida ser acusado, dixo estar seguro de que sairía "exonerado" de toda responsabilidade.

O goberno actual precisou dunha modificación orzamentaria para axustar as contas
Esta mesma semana, o pleno do Concello de Ourense debatera unha modificación do orzamento por valor de até 2,4 millóns de euros. Segundo o bipartito ourensán a decisión foi necesaria para afrontar "os mínimos" previstos até fin de ano na execución do programa de goberno previsto. O responsábel da concellaría de Economía, Agustín Fernández, laiouse especialmente da necesidade de pagar gastos autorizados polo anterior goberno por valor de máis de 742 mil euros. Asegurou Fernández que eses gastos foron autorizados no seu momento "sen a debida cobertura orzamentaria".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: