Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Deporte e integración

Homenaxe aos Special Olympics Galicia en Compostela

Na mañá da terza feira o director xeral de Acción Social recibiu aos deportistas galegos que participaron nos Xogos Mundiais de Verán en Xangai.

Redacción - 12:22 24/10/2007

Bieito Seara recibiu en San Caetano aos oito deportistas galegos de Special Olympics Galicia que participaron, formando parte da delegación de Special Olympics España, nos Xogos Mundiais de Verán de Xangai, que se celebraron do 28 de setembro ao 11 de outubro.

Durante a recepción, os representantes da Vicepresidencia da Xunta aproveitaron para falar da súa colaboración con Special Olympics Galicia, que este ano se materializa nunha achega de 180 mil euros, na que se inclúe a participación nesta iniciativa.

Os Special Olympics Galicia
Os deportistas das asociacións ASPAS de Compostela e de ASPRONAGA da Coruña participaron, xunto cos demais membros do equipo estatal, nas modalidades de baloncesto e de fútbol 5, acadando a medalla de bronce en baloncesto ao gañar a Austria por 12-7. En fútbol sala conseguiron o cuarto posto ao seren derrotados por India cun resultado de 0-6.

Os baloncestistas galegos que viaxaron a Xangai foron, polas ASPAS, Antonio Fernández e José Luís Pérez; e Sergio Barbeito e Juan Antonio Otero, pola ASPRONAGA. En fútbol 5 competiron Jesús Cabo, Juan Carlos Sánchez e José Leopoldo Sastre, pola ASPAS; e Luís Esteban Vilar pola ASPRONAGA.

O maior evento deportivo mundial para discapacitados intelectuais
Nos Xogos Mundiais de Verán de Xangai participaron 7.200 atletas de 163 países. Estes xogos son previos á celebración dos Xogos Olímpicos do vindeiro ano na capital chinesa e convertéronse no maior evento deportivo mundial de recoñecemento ao colectivo de persoas con discapacidade intelectual.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: