Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O debate da oficialidade das seleccións nacionais

A selección catalá de Hóquei sobre patíns vai xogar a Copa América

O combinado catalán participará na competición a finais deste mes no Brasil. O debate do recoñecemento internacional das seleccións nacionais volve á grella das noticias do día.

Redacción - 11:54 26/10/2007
O seleccionador, Jordi Camps

O seleccionador, Jordi Camps

Cada vez que unha selección catalá tenta programar un partido internacional, chegan os problemas. Mais a selección de hóquei é das que máis teñen traballado no recoñecemento da oficialidade das seleccións nacionais catalás. Agora volve saír do país para disputar varios encontros no Brasil, dentro da Copa América.

Como coinciden as datas coas do campionato de liga, os clubes fixeron un esforzo por lle cederen á selección polo menos un xogador (excepto o Barça que lle ofrece dous xogadores á selección, Miquel Masoliver e Octavi Tarrés).

Na segunda feira que vén xogará contra unha das favoritas: Arxentina. Se as cousas lle van ben, tamén pode xogar contra a selección anfitrioa, Brasil, Chile, Estados Unidos, Colombia e Sudáfrica.

Deste xeito, o combinado que dirixe Jordi Camps vese, máis unha vez, recoñecida a nivel internacional, desta volta, pola Confederación Sudamericana de Patinaxe.

"O feito de poder competir xa é un éxito para nós"
Dixo o seleccionador catalán Jordi Camps, ao tempo que engadía "queremos demostrar do que somos capaces e sabemos que levamos a todo un país detrás".


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Foto de familia da selección catalá de hóquei sobre patíns
Foto de familia da selección catalá de hóquei sobre patíns
Imaxe da reivindicación do recoñecemento oficial das seleccións deportvivas catalás
Imaxe da reivindicación do recoñecemento oficial das seleccións deportvivas catalás