Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL INTERNACIONAL

Quen será o noso vindeiro rival? Aposte por Camerún

O equipo futbolístico africano é o candidato máis firme para xogar contra Galiza o vindeiro mes de decembro en Balaídos.

Redacción - 13:25 26/10/2007

A Xunta continúa sen desvelar o rival que se enfrontará o vindeiro mes de decembro á Selección Galega de fútbol. Porén,segundo puido saber Vieiros, aínda que hai varias frontes abertas, as negociacións con Camerún están moi avanzadas e poderían incluso pecharse a vindeira semana.

A selección camerunesa está considerada, por palmarés, unha das mellores do continente africano. De feito, gañou en catro ocasións a Copa de Nacións deste continente xesta que lle valeu aos seus xogadores o cualificativo de “leóns indomábeis”. Ademais, o combinado africano participou en cinco ocasións na Copa Mundial de Fútbol.

O partido celebrarase no estadio de Balaídos entre o 26 e o 28 de decembro. De confirmarse que será Camerún o elixido, a selección podería aproveitar o encontro para preparar a Copa de Africana de Nacións que se disputa entre o 20 de xaneiro e o 10 de febreiro de 2008.


4.78/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: