Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pobre Mundo Rico

Cinema e debate para concienciar á sociedade

A Coruña e Vigo acollen até o mércores diversas proxeccións e conferencias, organizadas polo Club Internacional de Prensa, que abordan o tema da pobreza no mundo.

Redacción - 12:07 29/10/2007

Enmarcado dentro das actividades do simposio internacional Pobre Mundo Rico, o Centro Social de Caixanova de Vigo ofrece hoxe outras dúas proxeccións do ciclo Cinema contra a pobreza. A curta de ficción brasileira A historia da Eternidade, será a encargada de dar comezo á sesión, para continuar con "Estratexia de Simbad", un capítulo da serie documental Voces contra a globalización dirixida e guionizada por Carlos Estevéz.

O ciclo de cinema continúa mañá martes na Coruña, onde os interesados que se acheguen até o Centro Social Caixanova ás oito do serán, poderán ver a curtametraxe Patmos, inspirada no filme o O séptimo ceo do recentemente falecido Ingmar Bergman. A continuación, pasarase o capítulo Os amos do mundo tamén pertencente á serie documental Voces contra a globalización, dirixida por Carlos Estévez. Con estas proxeccións, péchase o programa do primeiro mes deste simposio celebrado en Galiza e que continuará en novembro con máis charlas e conferencias.

Verbas cara o desenvolvemento

O simposio conta tamén con diferentes coloquios arredor do tema da pobreza. O debate A fuga da industria aos países subdesenvolvidos contará mañá martes en Vigo coa participación de Xosé Manuel Beiras, a directora da ONG Amarante, Fernanda Couñago e Roberto Mansilla por parte do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). O acto terá lugar ás cinco da tarde no Auditorio do Centro Social de Caixanova. Un par de horas máis, tarde, ás 19:30, tocaralle o turno á directora do Programa Pro-Mujer Bolivia, Carmen Velasco, que falará sobre as microfianzas como instrumento de financiamento e explicará rol que xogaron en América Latina os programas para paliar a pobreza.

Este mesmo tema tamén será tratado por Carmen Velascoso o mércores no Centro Social de Caixanova da Coruña á partir das sete e media da tarde. Neste caso, a directora de Pro-Mujer Bolivia, estará acompañada por Jorge Molinero, de Enxeñerías sen fronteiras, quen reflexionará sobre o dereito de acceso á auga potábel e os recursos hídricos nos países en vías de desenvolvemento, dentro da súa ponencia Auga, pobreza e desenvolvemento humano. ¿Crise hídrica?

As actividades do Simposio Internacional Pobre Mundo Rico continuarán durante o vindeiro mes de novembro cun programa máis internacional, que inclúe a participación de personalidades como Ramón Fernández Durán, de Ecoloxistas en acción, o director de Greenpeace en España, Juan López de Uralde ou o coordinador xeral do Instituto de Políticas Alternativas para o Cono Sur, de Brasil, Marcos Arruda. O ciclo "Cinema contra a pobreza" tamén continuará durante este mes con diversas proxeccións entre as que se atopa o documental de Miguel Barros "Os Sem Terra".


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: