Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Cara á IPv6

Os enderezos de internet están a piques de se esgotaren

Segundo os organismos que regulan os enderezos IP, é necesario cambiar a un sistema que garanta a futura expansión da rede

Redacción - 13:30 02/11/2007

Os enderezos IP, números que se agochan detrás dos nomes de dominio da internet, estanse a esgotar. A versión 4 do protocolo, que consiste en 4 números do 0 ao 255 separados por puntos, non dá para moito máis, como xa advertiu en maio a ARIN, organización que se encarga de conceder os enderezos en Norteamérica, e agora a súa europea RIPE.

As dúas organizacións recomendan iniciar a transición cara á IPv6, un sistema máis avanzado e que ofrece un número practicamente infinito de enderezos distintos (en realidade, 34 seguido de 38 ceros). O principal problema é que haberá que facer importantes modificacións na infraestrutura da que dispón a rede na actualidade.

Outra solución máis doada e que podería adiar uns anos a saturación dos enderezos IP é comezar a usar o bloque de enderezos de “clase E”, que no seu momento quedara reservado para uso futuro, formado polos enderezos que teñen como primeira cifra do 240 ao 255. O atranco é que tamén moitos dispositivos rexeitan por defecto estes enderezos que estaban sen uso.

As avantaxes do uso da IPv6 son, a longo prazo, superiores ás incomodidades que supoñería a súa adopción. Ademais de afastar a data do colapso do sistema de enderezos da Internet, fixada actualmente en dous ou catro anos, permitiría algo que actualmente non está ao alcance de todos os usuarios: contar cun enderezo IP fixo e persoal.


Ligazóns

4.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: