Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEREITOS CIVÍS

O Xulgado admite un contencioso do MpDC contra a delegación do goberno español

A representación estatal defendeu a actuación de dous policías de Monforte que retiveron sen xustificación dous membros de Galiza Nova.

Redacción - 09:30 03/11/2007

O Xulgado do Contencioso-administrativo da Coruña aceptou un recurso do Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) contra a delegación do goberno español que no seu día defendera a operación da Policía Nacional contra dous membros de Galiza Nova.

Os feitos aconteceron en setembro de 2006, cando dous membros da asociación xuvenil repartían panfletos diante dun instituto de Monforte de Lemos. Dous axentes retiveron os dous mozos e leváronos á comisaría para a súa identificación, coa escusa de que se trataba dunha operación dentro do plan de respostas ao tráfico polo miúdo e ao consumo de drogas en centros educativos.

A delegación do goberno español xustificou a actuación dos dous axentes sen achegar ningún informe que avalase a teoría, polo que o MpDC presentou o recurso perante o Xulgado, que agora foi aceptado. O MpDC denunciou a persecución por considerar que os axentes usan de forma deturpada o plan, que xa fora denunciado por criminalizar calquera persoa que estivese preto dun centro estudantil.


4,87/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: