Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Xornada "Medios de Comunicación e Conflicto"

Xuristas internacionais coinciden en denunciar a ilegalidade do peche de medios vascos

Expertos de universidades de todo o mundo sinalan que se violou a propia Constitución, ademais da Convención Europea de Dereitos Humanos.

Redacción - 09:00 06/11/2007

"Violan o artigo 20 da constitución por implicar como consecuencia práctica unha auténtica suspensión do dereito fundamental á liberdade de prensa, un dereito non suspendíbel agás en supostos de estado de excepción e sitio". Así o recolle a resolución asinada esta semana por un conxunto de expertos xuristas ao respecto dos peches de Egin, Egin Irratia e Euskaldunon Egunkaria.

A avaliación fíxose como parte do Plan de Acción en Defensa e Promoción dos Dereitos Civís e Políticos do goberno vasco. Convidados polo departamento de Xustiza, profesionais do dereito vencellados a universidades de Alemaña, Holanda, Estados Unidos, Arxentina, Chile, España ou Italia, analizaron as xustificacións legais coas que se procedera no seu momento ao peche destes medios de comunicación.

Os expertos resolveron tamén que se violaron os "artigos 10 e 15 da Convención Europea dos Dereitos Humanos, polo seu carácter desproporcionado ao existiren outras medidas menos gravosas e traducirse na práctica na disolución duns medios que non poderán volver ver a luz con independencia do resultado final dos procesos penais nos cales se adoptou a medida".

Poden ampliar en Deia: Un grupo de xuristas internacionais opina que o peche dos medios vascos viola a Constitución e Gara: Xuristas sitúan o peche de medios vascos á marxe da lexislación española e europea.


4,67/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: