Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Carlos Aymerich, na comisión do Gaiás

"O problema dos soños é cando se fan cos cartos de todos"

"Sen estratexia nin estudo de viabilidade" e con alto grao de "escurantismo" durante todo o proceso, acusou o voceiro do BNG ao ex presidente Manuel Fraga de facer malgasto dos cartos públicos.

Redacción - 15:00 07/11/2007

"Cos cartos de todos debera vostede ser prudente, e apostar pola eficacia e a transparencia", reprochoulle Carlos Aymerich a Manuel Fraga, ao tempo que censuraba que o ex presidente rexeitase responder ao amplo número de preguntas que sobre a xestión da Cidade da Cultura lle fixeran tanto el coma o voceiro socialista.

"Compárase vostede cun rei do absolutismo?", comentou ademais o deputado nacionalista despois de que Fraga empregase boa parte da súa intervención anterior para referirse ao "rei Fernando VI". "Vostede foi un presidente elixido democraticamente, pero a democracia non se expresa só na forma de chegar ao poder, hai que facelo coa xestión".

O voceiro do Bloque tamén criticou que Fraga malia ser "o pai do proxecto" apostase agora por "renegar da súa crianza", en referencia ao desvío de responsabilidade que o ex presidente lle atribuíu fundamentalmente aos conselleiros de Economía e Cultura durante o seu goberno. Preguntoulle ademais polo tirapuxa que existiu daquela no interior do executivo, con Pérez Varela gañando "o pulso" fronte ao control que quería estabelecer Facenda. "Algún papel tería vostede aí?", preguntoulle.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: