Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
QUINTO CABODANO

"Non tiñan plan, só venderon fume"

Así recorda Xaquín Fernández Leiceaga, voceiro de Economía do PSdeG, a actuación do PP durante a catástrofe do Prestige.

Redacción - 09:00 13/11/2007

"Dedicáronse a colocar propaganda de actuacións e investimentos en Galiza que nunca se chegaron a executar", sinalou este luns Xaquín Fernández Leiceaga, lembrando a xestión dos gobernos galego e español daquela co PP no poder. Unha actuación "baleira de investimentos reais", segundo criticou Leiceaga. "Agora si que podemos falar de compromiso con Galiza por parte dos gobernos", defendeu.

"O señor Feijoo afirma que a obsesión do PP era a de defender os intereses supremos da nosa comunidade, e eu pregúntolle ao Señor Feijoo: como se defendían eses intereses , indo de caza?, ou rivalizando por ser Conselleiro?". "Mentres o Prestige enchía as nosas costas de chapapote o goberno de Manuel Fraga miraba cara outro lado", insistiu Fernández Leiceaga.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: