Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMBIOS EN VICEPRESIDENCIA

Xoán Antón Pérez-Lema será o novo secretario xeral de Relacións Institucionais

Anxo Quintana proporá o seu nomeamento no vindeiro Consello da Xunta.

Redacción - 20:30 13/11/2007

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, proporá a Xoán Antón Pérez-Lema para a Secretaría Xeral de Relacións Institucionais no Consello da Xunta do vindeiro xoves. Con este nomeamento, Quintana completa os cambios no organigrama de Vicepresidencia, logo da marcha de Antón Losada.

Finalmente, tal e como se apuntaba dende aquela crise, o antigo cargo queda dividido en dous: Un secretario xeral de Vicepresidencia, Xabier Ferreira, e outro de Relacións Institucionais. Quintana buscaba para este último posto un perfil máis político que servira para coordinar as diferentes áreas nacionalistas do Goberno e, á mesma vez, deseñara a política comunicativa.

Xoán Antón Pérez-Lema López, naceu na Coruña hai 43 anos e dedícase á avogacía, onde é un recoñecido experto no Dereito Administrativo e Fiscal. Durante o goberno tripartito foi xefe do Gabinete Técnico da Consellaría de Presidencia e Administración Pública e entre 1991 e 1997 foi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galiza. Tamén colaborou como relator no Foro Novo Estatuto (2004). Politicamente, comezou a súa andaina no PNG-PG, partido co que se integaría posteriormente no BNG. Tamén destacan as súas colaboracións como opinador en medios como Xornal.com. Radio Galega ou El Ideal Gallego.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: