Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESTÁ EN PERIGO O FUTURO EN PAPEL?

Amazon crea un servizo de distribución virtual de libros

O libro 2.0 é un aparello que permite descargar e transformar a venda de textos na rede

Redacción - 19:00 19/11/2007

Jeff Bezos, o dono de Amazon, lanza Kindle un "lector" de libros que podería transformar tanto as nosas prácticas de lectura como o seu xigantesco almacén virtual puido cambiar os nosos métodos de compras. O anuncio fíxose en Nova York esta mañá. A principal virtude do Kindle é que se conecta a Internet de aí recibe directamente libros, e tamén almacenada, diarios (Le Monde, New York Times e o Wall Street Journal) e mesmo blogs (para os cales será preciso pagar o que non se alegra todo o mundo).

O acceso á rede faise por Whispernet, unha rede vencellada a Sprint que permite conectarse en calquera sitio e non soamente alí onde se poidan atopar puntos de acceso Wifi. A subscrición, que é normalmente de 60 dólares ao mes, debería ser gratuíta.

Kindle (o verbo "to kindle" tradúcese como acender un lume, facer nacer un sentimento ou atizar un amor) pesa algo menos de 300 gramos e poderá conter ata 200 obras. As baterías garanten 30 horas de lectura continua. Un teclado permite anotar os textos, intercambiar correos e facer consultas na rede.

Proporcionada por e-ink, a tecnoloxía de visualización é a mesma que a do Sony Reader. Máis que adoptar normas Amazon atense ao formato de Mobipocket, unha empresa francesa que adquiriu no 2005.

A pesar de múltiples tentativas, o libro electrónico non logrou despegar. Cun pasado de máis de cinco séculos, parece difícil de desprazar. Cabe logo preguntarse se Amazon tera éxito, logo de que Sony e moitos outros fracasaran.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: