Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barbanza

Edición xestionada por Adolfo Muíños
RSS de Barbanza
OS OLLOS DE K.

Preséntase en Noia unha nova novela de Antón Riveiro Coello

A Editorial Galaxia, o Concello de Noia e Barbantia, presentan a nova novela de Antón Riveiro Coello, Os Ollos de K. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Noia, o venres 23 de novembro, ás 20″30 h., e acompañarán ao autor, Rafael García Guerrero, alcalde de Noia; Loli Caramés, concelleria de Cultura; Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia; e Xesús Laíño, profesor. Un home que agarda sentado nun banco sostendo na man un tarro cun ollo é o detonante que fai estourar os límites entre realidade e ficción.

Redacción - 13:55 21/11/2007
Tags:
O escritor limiao afincado no Barbanza Antón Riveiro Coello

O escritor limiao afincado no Barbanza Antón Riveiro Coello

Os ollos de K non é tanto a escrita dunha aventura como a propia aventura da escrita. Un texto que vira sobre si e descobre os fíos labirínticos dunha trama entretida e intrigante, na que Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) ispe o feito literario e deixa á vista dos lectores o material artístico e a función creadora. O escritor Suso Paradela, personaxe, (alter-ego?) do autor empregado en novelas coma a Quinta do Saler ou na fermosa guía Cartafol do Barbanza convértese involuntariamente no protagonista dunha novela que escapa ao seu control. Estas son algunhas das liñas argumentais desta nova proposta dun dos autores máis premiados e consolidados da narrativa galega.


3,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: