Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
PALAU ROBERT, 26 DE NOVEMBRO, 19.30 H

Rede.cat presenta a Axenda Cultural Galega 2007-2008

A cultura contemporánea galega de Catalunya, inaugurada o curso pasado en Nou Barris, preséntase este ano no Palau Robert tamén co apoio institucional galego e catalán.

Rede.cat - 21:00 21/11/2007

En Rede.cat entendemos que a cultura é unha parte viva de nós mesmos que depende máis da vontade que da herdanza de cada un. Somos persoas que nos identificamos coas culturas galega e catalá, á marxe do noso lugar de nacemento. E isto é ante todo o resultado dunha adhesión libre e consciente, máis ca unha imposición por motivos de orixe ou residencia.

Por iso a sociedade que Rede.cat defende é unha sociedade intercultural e dinámica, unha sociedade aberta ao intercambio de ideas e de formas de crear o mundo. E coidamos que ese intercambio só se pode dar verdadeiramente en igualdade cando os dereitos cidadáns se universalizan, a xustiza social é unha práctica e non unha declaración de intencións, e existe unha aceptación indiscutida da realidade dos outros.

Rede.cat cumpre un ano de traballo e de achega das culturas galega e catalá, e segue adiante coa vontade de consolidar un proxecto innovador e aberto. Presentamos agora a Axenda Cultural Galega de Catalunya para o ano 2007-2008. A Axenda contén todos os actos que, ao longo dese tempo, realizarán as diversas entidades que forman Rede.cat, así como os que organiza a propia Rede de maneira unitaria: teatro, música, pensamento, arte, literatura, educación, cultura de rúa...

Rede.cat: a rede da cultura contemporánea galega de Catalunya.

Estrutura do acto:

19:30 h. Presentación de Rede.cat.

19:40 h. Proxección audiovisual Axenda Cultural Galega 2006-2007.

20:05 h. Crónica da Axenda Cultural Galega 2006-2007. A cargo do Sr. Lito Caramés Bouzón, Profesor de Cienciais Sociais e Lingua e Cultura Galegas.

20:20 h. Presentación Axenda Cultural Galega 2007-2008. A cargo do Sr. Xose Mari Sancho, membro de Rede.cat e do Colectivo SonGaliza.

20:30 h. Peche do acto a cargo de: Sr. D. Ramon Fontdevila i Subirana. Director do Centre de Promoció de la Cultura Popular i Tradicional Catalana do Departament de Cultura i Mitjans de Comunicació. Generalitat de Catalunya.
Sra. María López Escudeiro. Delegada Provincial de Cultura de Pontevedra da Consellería de Cultura e Deportes. Xunta de Galicia.

Presentación pública da Axenda Cultural Galega 2007-2008 de Rede.cat

Palau Robert
Passeig de Gràcia, 107
Luns 26 novembro, 19:30 h.

Entrada libre


Documentos

4.43/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: