Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SUCESIÓN DE LIDIA SENRA

Carme Freire e Xurxo Álvarez pelexan por liderar o SLG entre fortes divisións internas

Os partidarios de Álvarez dubidan de que o congreso que se celebrará este sábado conte con todas as garantías.

Redacción - 19:00 22/11/2007
Tags: Congreso SLG

Máis de medio milleiro de delegados, en representación das 33 asembleas comarcais do SLG, decidirán este sábado en Compostela a nova dirección do sindicato nacionalista. Carme Freire e Xurxo Álvarez encabezan as candidaturas para suceder a Lidia Senra. Mais as semanas anteriores ao Congreso están a sacar á luz pública a existencia de dous sectores enfrontados abertamente.

A propia Lidia Senra anunciou o mes pasado que non se presentaría a reelección e daba a coñecer que Carme Freire presentaría unha candidatura. Aquel anuncio non gustou nun parte da organización agraria que consideraba que a até o de agora secretaria xeral quería deixar “todo atado”.

Este xoves o candidato Xurxo Álvarez puxo en dúbida a existencia dun proceso “limpo” de cara o congreso. Como exemplo, asegura que Lidia Senra non lle permitiu saír na revista “Fouce”. Por se isto fora pouco, tamén acusa á actual dirección de nomear delegados e representantes para a dirección nacional “sen facer asembleas”.

Fontes consultadas por Vieiros sinalan que o grao de enfrontamento entre as dúas candidaturas está a ser “visceral”. Carme Freire contaría co apoio do “aparato” sindical e tería a priori máis bazas para impoñerse esta fin de semana, entre elas a da propia Lidia Senra.

Para algúns o máis sorprendente é a tesitura na que se atopa a UPG (partido que ten un peso moi importante no sindicalismo agrario dende a década dos 70). Aínda que hai destacados militantes desta organización nas dúas candidaturas, Xurxo Álvarez conta co apoio do partido de cara ao Congreso do SLG.


4.43/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: