Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRESENTACIÓN DE 'O PAÍS DOS MIXTOS'

A memoria do Couto Mixto, nun documental

A igrexa de Santiago de Rubiás acolle este sábado a presentación do documental O País dos Mixtos, dirixido por Xosé Luís Ledo Andión e que recolle a historia do Couto Mixto

Redacción - 10:30 24/11/2007

O documental O País dos Mixtos recolle o pasado, presente e futuro do Couto Mixto, as aldeas de Santiago, Rubiás e Meaus nos concellos de Calvos de Randín e Baltar (Ourense), unidas durante séculos polos seus privilexios e consciencia de pobo. A presentación do filme terá lugar ás cinco da tarde do sábado 24 na igrexa de Santiago de Rubiás (Calvos de Randín), antiga capital política do Couto, e na que se garda a arca coas tres chaves onde historicamente se custodian os documentos que reflexan a existencia desta República durante máis de cinco séculos.

O País dos Mixtos, dirixido por Xosé Luís Ledo Andión e guión de Olaia Ledo Díaz, está coproducido por Televisión de Galicia e Nós, P.C.G. e conta coa colaboración de AGADER.


4,56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: