Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VII CONGRESO

Carme Freire, nova secretaria xeral do Sindicato Labrego

A súa candidatura logrou o apoio de 336 delegados fronte aos 113 da liderada por Xurxo Álvarez.

Redacción - 18:10 24/11/2007
Tags: Congreso SLG

A máxima responsábel do Sindicato Labrego Galego (SLG) volverá ser unha muller. Carme Freire sucederá a Lidia Senra, que deixa a secretaría xeral despois de 18 anos. Freire conseguiu este sábado en Compostela a apoio de 336 delegados que acudiron ao VII Congreso do SLG. O seu contrincante, Xurxo Álvarez, tivo que conformarse co voto de 113 compromisarios. A nova Executiva Nacional vai estar composta por 11 membros da candidatura de Freire e 4 da de Álvarez.

Carme Freire, natural de Rois (comarca do Sar), milita no sindicato nacionalista dende mediados dos 80. Esta enxeñeira técnica agrícola e forestal, entrou a formar parte da Executiva Nacional do SLG en 2003. Dende hai meses o seu nome soaba con forza para substituír a Lidia Senra. Foi a propia secretaria xeral a que anunciou en outubro a candidatura de Freire, algo que non gustou nada ao sector crítico que encabezaba Xurxo Álvarez. Este acusaba á lista de Freire de apostar polo "continuismo" e de enfocar a mensaxe sindical aos "labregos seudoecolóxicos" á vez que "esquecía" os sistemas de produción convencional. A polémica acentuouse nos últimos días logo de que o grupo de Álvarez asegurara que a escolla de delegados non fora transparente.


4.38/5 (24 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: