Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BRUTALIDADE CONTRA UN ANIMAL

Denuncian na Fiscalía a dous veciños de Muxía que mataron a coiteladas un cocho bravo que caera ao mar

Adega, a Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia tamén demandan sancións administrativas.

Redacción - 12:41 25/11/2007
Un cocho bravo no monte / Foto: jose_arias (flickr)

Un cocho bravo no monte / Foto: jose_arias (flickr)

Manuel García e Pedro Silva, dous veciños do concello de Muxía, poden acabar nos tribunais logo de dar morte a coiteladas a un xabarín que caera ao mar e intentaba volver a terra na zona de Cabo Touriñán. Os feitos, recollidos nunha reportaxe xornalística, tiveron lugar o pasado día 11 de novembro e causaron unha forte indignación entre as asociacións ecoloxistas. Logo de que a Asociación pola Protección Animal Abeiro anunciara que ía poñer o caso en coñecemento do Seprona, agora Adega-Trasancos, a Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia-Ferrol formularán novas denuncias diante da Fiscalía Xeral de Galiza e na Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Os denunciantes sinalan que o cocho bravo recibiu un trato brutal até a morte. Tamén cabe lembrar que cando se produciron os feitos non era día de caza (xa que era cuarta feira e a normativa só permite esta práctica en quintas e domingos). A isto hai que sumar que non se empregou unha arma regulamentaria e que o xabarín, como peza de caza maior, precisa dunha autorización especial.


4.54/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: