Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Comezan os IX Jogos dos Povos Indígenas do Brasil

A auga e a vida, dereitos que non se venden

Este é o lema dos xogos deste ano, que se celebran até o 1 de decembro en Recife e Olinda, en Pernambuco.

Redacción - 11:06 29/11/2007
Cartaz dos xogos

Cartaz dos xogos

O pasado sábado 24 de novembro comezaba en Recife e Olinda (Pernambuco) a nona edición dos Jogos dos Povos Indígenas, que este ano teñen como tema "Água é vida, direito sagrado que não se vende". Os xogos, que principiaron co ritual do fogo sagrado (acenden un facho, a chamada tocha dos jogos), van participar á volta de un milleiro de atletas de 33 etnias distintas, chegados de 11 estados brasileiros.

Os Jogos dos Povos Indígenas
Foron creados en 1996 a través dunha iniciativa indíxena brasileira, do Comitê Intertribal-Memória e Ciência Indígena (ITC), co apoio do Ministério do Esporte do Brasil. O primeiro foi realizado en Goiânia, capital do estado de Goiás.

O obxectivo destes xogos é poñer en valor e fortalecer a cultura dos primeiros habitantes do Brasil por medio do deporte, estimulando a diversidade e a autonomía dos pobos, alén de crear un espazo para que todos os brasileiros coñezan e respecten a cultura dos pobos indíxenas cos que conviven.

Ademais, durante os xogos, o Ministério da Cultura informará sobre o Premio Culturas Indígenas 2007-Edição Xicão Xucuru, que dá até 24 mil reais a cen iniciativas de comunidades e organizacións indíxenas que realizan accións de fortalecemento cultural.


4.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: