Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DESPOIS DAS PROTESTAS

Facebook protexe? os usuarios

Un comunicado da axencia de prensa publicado o xoves 29 pola noite explica que a sociedade seguirá recollendo información sobre as accións dos usuarios pero que lles preguntará expresamente se queren que sexan difundidas aos seus "friends"

Redacción - 12:56 30/11/2007

Establecida o 6 de novembro Beacon suscitara amplos movementos de protesta incluída unha ofensiva lanzada por MoveOn.org, sitio que se deu a coñecer pola súa capacidade de mobilizar activistas nalgunhas grandes batallas políticas americanas. En dez días a súa petición, que esixía a interrupción de Beacon, recollera 50.000 sinaturas.

Na versión previa de Beacon, cada vez que un membro de Facebook compraba un libro, un billete de avión ou reservaba unha mesa de restaurante, transmitíase a información no NewsFeed de todos os seus amigos, o que supón unha intromisión evidente ao respecto da vida privada.

O interese do sistema, para Facebook, é que permite aos publicistas colocar o seu banner cunha eficacia considerable. Ao presentalo Marco Zuckerberg, dono de Facebook, explicara: "A xente inflúese mutuamente. Nada noz inflúe máis ca unha recomendación dun amigo no quen teñen confianza".

Prepárase pois a renunciar a algunhas ganancias a curto prazo adoptando o sistema opt-in, pero el debería gañar en confianza, o que é ben máis importante a longo prazo.

As reaccións son máis ben positivas, pero prudentes. Para Duncan Riley de TechCrunch: "iso aseméllase a unha victoria dos usuarios" incluso se ten en conta que a práctica esencial para os publicistas non cambia. O que Nick O' Neil, que actualiza e xestiona AllFacebook, explica moi ben: " O problema central segue a ser que almacena os datos relativos ás compras dos usuarios aínda que non informa aos seus amigos".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: