Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Operación Virgin'

O alcalde de Mugardos ofrece a súa "plena colaboración" coa investigación

Asegura que as licenzas municipais sempre se concederon baseándose en informes favorábeis dos técnicos.

Redacción / Axencias - 17:10 03/12/2007

O alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, amosouse "plenamente disposto a colaborar" coa xustiza para esclarecer o caso da suposta trama urbanística no municipio ferrolán.

O nacionalista asegurou que descoñecía quen eran os catro arrestados pola Garda Civil, polo que rexeitou opinar sobre a detención, e xa que de momento descoñece de forma "oficial" os arrestos.

En todo caso, recoñeceu que no departamento técnico urbanístico do concello (cando hai excesiva carga de traballo) fanse contratos puntuais, nalgúns casos a través de empresas externas, polo que afirmou "non poder concretar" a identidade dos detidos.

Xa que logo, amosouse "disposto a colaborar" coa Xustiza "en todo o que faga falla" para esclarecer a suposta trama urbanística, e insistiu en que a Comisión de Goberno municipal "concedeu licenzas" no Concello de Mugardos que sempre contaban co informe favorable dos técnicos".

Ás 19:30 horas deste luns está convocada unha Xunta de Voceiros no Concello de Mugardos, na que se abordará este asunto.


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: