Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
SELECCIÓN GALEGA NA PRENSA EXTERIOR

"Galicia Calls" a Couñago e Sito

O fanzine británico TWTD, que se centra nos dous futbolistas galegos que xogan no Ipswitch Town, fala das arelas de ter selección oficial

Redacción - 13:07 07/12/2007
Unha imaxe de Sito, mailo seu número, como defensa do Ipswich Town

Unha imaxe de Sito, mailo seu número, como defensa do Ipswich Town

Cando os seleccionadores galegos deron a coñecer os nomes dos xogadores que han saltar a Balaídos para xogar contra Camerún, sóubose que entre eles estaban Luis Castro, Sito, e Pablo Couñago, ámbolos dous do Ipswich Town, un equipo da primeira liga británica, que non descansa no Nadal.

Aínda non se sabe se os responsábeis do Ipswich Town lles van deixar viaxar a Galiza o 27 de decembro, mais esta sexta feira o fanzine dos seguidores do equipo británico, falaba da "chamada de Galiza" que recibiron os dous xogadores.

"Galiza, unha zona autónoma do noroeste de España"
A publicación on line referíase a Galiza como unha "área autónoma no noroeste de España, que leva moito tempo sostendo que se lles debería permitir ter un equipo internacional propio, no canto de que os seus xogadores teñan que xogar en representación de España". E seguen describindo de xeito acertado a situación actual da selección galega: "na actualidades só xogan partidos amistosos, e nos últimos anos programaron un calendario de partidos para o Nadal, momento no que non hai partidos da liga española".

Para terminar o artigo, o TWTD lembra que Sito xa foi chamado en 2005, mais daquela non puido xogar; mentres Couñago participou na selección galega namentres xogaba na liga española.

A seguir os informados redactores da publicación británica engaden a listaxe completa cos 24 nomes dos xogadores que Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez chamaron para facer parte do equipo galego que xogará, o vindeiro 27 de decembro en Balaídos, contra Camerún.


4,95/5 (19 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: