Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Aprobada no Senado

Un paso máis preto da Lei do Cine

Este proxecto contempla crear un fondo económico para dar un pulo ás películas en galego, catalán e éuscaro.

Redacción - 11:48 11/12/2007

Trala súa aprobación de mediante un trámite de urxencia no Senado, a Lei do Cine será definitivamente ratificada a vindeira semana no Congreso, antes do parón de Nadal e do final da lexislatura. Segundo o previsto, esta Lei creará un fondo para axudar á produción, distribución e exhibición de filmes en galego, catalán e éuscaro que contará cun máximo de 11 millóns de euros anuais por parte dos Orzamentos Xerais do Estado e dos gobernos de Galiza, Cataluña e País Vasco. Este fondo nace de xeito paralelo ao ICAA, polo que se pode converter nunha importante fonte de ingresos para estes filmes.

Das 90 emendas presentadas na Cámara Alta foron seis as novas incorporacións, nas que se concretan as axudas ao sector da exhibición, que actualmente conta cunha cota de pantalla que obriga ás salas a proxectar un día de cine de orixe estatal por cada tres de outros países. Con esta medida preténdese axudar aos empresarios a modernizar as salas e apoiar ás que estean en pequenos núcleos urbanos. Tamén se apoia o cinema de animación e se considera "persoal creativo", ademais dos directores, guionistas, directores de fotografía e compostitores, aos actores e persoal técnico como figurinistas, montadores ou directores artísticos entre outros).


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: