Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Comezan os actos arredor da festa do fútbol

Convocan un concurso de lemas e fotografías sobre os partidos de Galiza

As seleccións xogan o vindeiro 27 de decembro en Balaídos contra Camerún (os homes) e Cataluña (as mulleres). Para darlle pulo ao encontro, velaquí este concurso.

Redacción - 18:15 11/12/2007

As bases todas do concurso atópanse na web de O Fútbol Galego Une, que ademais recolle todo sobre a festa do fútbol, que ha comezar en Vigo o 27 de decembro (ás 10:00 horas, cos partidos das seleccións inferiores, rematando ás 21:00 horas co partido da selección absoluta masculina).

Faltan quince días e a Dirección Xeral para o Deporte creou dous concursos para que todos os galegos poidan xogar un papel decisivo nestes partidos e ademais, poidan gañar unha camisola ou unha equipación completa de Galiza

Que é preciso para concursar?

Pode participar quen queira aportar algo de seu. Cadrando co aniversario do Himno Galego, Deporte convocou, por un lado, o concurso de lemas, no que o único requisito é que se mesture a paixón pola selección con elementos do himno de Pondal. Os tres mellores serán proxectados nas pantallas do Estadio de Balaídos durante os partidos das seleccións absolutas.

Tamén hai un outro concurso de fotografías, que deben recoller os mellores momentos o 27-D (os partidos das seleccións inferiores, o ambiente no campo ou nas bancadas, os actos parellos aos partidos...).

O Fútbol Galego Une
A páxina web www.ofutbolgalegoune.eu recolle toda a información sobre os encontros do 27 de decembro. Hai nela spots promocionais do evento, o calendario dos encontros, as listaxes de convocados e convocadas, a información para a reserva e venda de entradas a grupos -que aínda se poden conseguir, até esta quinta feira, día 13-, e todo o que queiras saber sobre a Festa do Fútbol que o 27 de decembro chegará a Vigo.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Celebrando o segundo gol, no Galiza-Uruguai (2005). Unha imaxe coma esta podería valer para o concurso
Celebrando o segundo gol, no Galiza-Uruguai (2005). Unha imaxe coma esta podería valer para o concurso
Os xogadores abrazados. Unha imaxe para a historia e outra imaxe que podería valer
Os xogadores abrazados. Unha imaxe para a historia e outra imaxe que podería valer
E en canto os lemas, o de Siareir@s Galego@s podería valer, aínda que con elementos do himno polo medio
E en canto os lemas, o de Siareir@s Galego@s podería valer, aínda que con elementos do himno polo medio