Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
GRÁVASE O 13 DE DECEMBRO

Projecto Mourente, El Puto Coke e Ialma, no especial de Noiteboa da TVG

Ademais, entre outras sorpresas, actuará o MC suízo de ascendencia galega Gran Purísmo


Redacción - 12:35 13/12/2007



O especial que prepara a TVG para emitir na noite do 24 terá a música como protagonista e ofrecerá algunhas propostas arriscadas e moitas sopresas. A revista Sono-Tone informa de que no programa, que se gravará o 13 de decembro, actuarán Projecto Mourente, con Como os Caranguejos, Ialma (o grupo de Verónica Codesal) interpretando Lévame, a versión galega de Under the Bridge dos Red Hot Chili Peppers, ou El Puto Coke, que subirá ao escenario canda ao MC suízo de ascendencia galega Gran Purismo, para cantar Par de Conde.



Gran Purismo
foi coñecido no Estado por colaborar con Violadores del Verso en 2001. Dende entón publicou dous ep's, o segundo deles publicado en 2006 coincidindo co 25 de xullo, e un álbum conxunto con Hazhe.

A gala estará chea de sorpresas e nela, os propios presentadores da TVG subiran ao escenario para cantar cancións en galego nunha caste de karaoke.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: