Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANÁLISE

Un estudo prognostica que en 2013 o Ártico podería ter un verán sen xeo

No verán de 2005 a extensión de xeo era de 5,32 millóns de quilómetros cadrados mentres que este ano foi de 4,1.

Redacción - 10:10 16/12/2007

Un informe conxunto da Unión Americana de Xeofísica e da Academia Polaca de Ciencias indica que o desxeo no océano Ártico vai máis de présa do que se pensaba. Así, alertan que en 2013 pode haber incluso un verán sen nada de xeo

O equipo de investigación analizou as capas de xeo observadas entre 1979 e 2004. As diferentes predicións anteriores falaban de que a desaparición do xeo no ártico podía acontecer nun verán entre 2040 e 2100. Porén, este novo estudo coida que a aceleración do proceso é moito maior polo xeito no que se está a mover a auga quente dos océanos Atlántico e Pacífico. No informe fan fincapé no seguinte dato: No verán de 2005 a extensión de xeo era de 5,32 millóns de quilómetros cadrados e en setembro deste ano ficou reducida a 4,1.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: