Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A música galega chega á Arxentina

'Coplas para Icía'

Xabier Díaz, Pedro Lamas e Suso Iglesias presentan o seu novo traballo no Teatro da Comedia da cidade porteña.

Redacción - 09:00 17/12/2007
Os creadores de 'Coplas para Icía'

Os creadores de 'Coplas para Icía'

Coplas para Icía é o novo álbum no que Xabier Díaz saca á luz a a música da aldea con todo coidado para a continuación poñela no mundo. A primeira desas paradas foi Bos Aires, onde o sábado o músico coruñés, acompañado por Pedro Lamas e Suso Iglesias presentaron o seu disco no Teatro da Comedia. As melodías, que mesturan o jazz coa percusión e o acordeón máis tradicional son unha homenaxe á muller que pon título ao disco. Icía, unha “muller coma poza de música que cantaruxaba coa súa voz de auga levada e regaba o lugar enteiro”, pero son sobre todo unha forma de rescatar as músicas do pobo.

As melodías son tomadas do propio arquivo de Xabier Díaz, froito dun traballo de campo e investigación sobre o folclore galego que el mesmo realizou dende 1990 ao longo de dez anos. O artista compaxina a súa faceta como músico e compositor coa de investigador do noso folclore tradicional. Ademais dos seus proxectos en solitario, este coruñés é tamén o cantante titular da compañía Nova Galega de Danza, coa que xa ten realizado os espectáculos Alento (2005) e Engado (2006).

Para a realización destas Coplas para Icía, Díaz rodeouse de dous dos mellores músicos folclóricos de Galiza, como son Pedro Lamas (saxo e gaita) e Suso Iglesias (acordeón). Para este disco, contou ademais coa inestimábel colaboración de Xosé Lois Romero (pandeira), a voz de Guadi Galego, Iván Costa (zanfona) e as pandeireteiras do Grupo Arestora.


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: