Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FALLADOS O MODESTO FIGUEIRIDO E O LORENZO BALEIRÓN

Rubén Ceide e María Soutelo, novos valores das letras galegas

O lucense Rubén Ceide fíxose co Modesto Figueirido de narracións curtas, mentres que a historiadora estradense María Nieves Soutelo gañou en Dodro o Lorenzo Baleirón de poesía.

Redacción - 12:56 17/12/2007

O Modesto Figueirido, Premio Nacional de Narracións Curtas, decidiu premiar na súa edición deste ano o relato A Caixa da Costureira, do lucense Rubén Ceide. O premio, organizado pola Fundación do Pedrón de Ouro en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Ourense, designou así mesmo dous segundos premios: Esperado regreso de Alberto E. Aneiros, e Desartellados, de Manuel Quintáns López, ambos de Santiago de Compostela.

Finalmente, o xurado recomendou a publicación derecomendou a publicación de Breve historia do pensamento contaxioso, de Xosé Luís Martínez Pereiro, O ascensor, de Chelo Suárez Muíños, e Bonaval, de Adolfo Caamaño Vázquez. O Acto de entrega será o día vintenove de decembro no Concello de Ourense.

En Dodro, o Eusebio López Baleirón
Nesta fin de semana de premios literarios, en Dodro fallouse o Premio de Poesía Eusebio López Baleirón, que foi para a a historiadora da Estrada María Nieves Soutelo Vázquez, co seu poemario Código Poético. O xurado do premio, que chega á súa vixésima edición, estivo formado por Xesús Rábade Paredes, Marica Campo, Antía Otero e Rafa Villar.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: