Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Orzamentos para o "control" da provincia?

As "fabas contadas" de Baltar para 2008

Os números que Baltar pretende aprobar esta semana son "desmoralizadoras" e responsábeis do "atraso" da provincia de Ourense, en opinión da oposición.

Redacción - 09:00 20/12/2007

Ironizaba esta mesma semana o presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar, ao respecto das denuncias de socialistas e nacionalistas sobre o presunto uso clientelar dos cartos da institución e parecíalle mesmo pequena a Baltar a cantidade concreta que lle atribuía a oposición nese ámbito de "gasto".

Hai un ano que ao propio Baltar xa non lle doía recoñecer que a cantidade destinada a investimento real nos orzamentos daquel ano sería de apenas un de cada dez euros do total. Eran as "fabas contadas", nas súas propias palabras, nunhas contas onde por riba de todo aparece o amplo gasto nos salarios da extensa rede de funcionarios que medrou coa súa xestión nestes anos.

As contas para 2008, que esta mesma semana poderían saír adiante, inciden na mesma estratexia e deixan outra vez a institución no gume do límite de endebedamento legalmente permitido, por riba do 100%.

Alfredo García, alcalde d'O Barco e voceiro do PSdeG na Deputación, queixábase este mércores en conferencia de prensa desta proposta de orzamentos, onde en 2008 a partida destinada ao pago ao funcionariado mesmo aumentará un 8%. García referiuse ás prácticas de Baltar como "rémora" para Ourense e factor clave para manter o "atraso" de provincia e concellos en multitude de indicadores de desenvolvemento.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: