Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVO SERVIZO

Mírame aí no móbil se vai chover en Betanzos

Dende esta fin de semana xa é posíbel consultar as predicións de MeteoGalicia dende un teléfono móbil e dende unha PDA

Redacción - 13:05 23/12/2007

Dende a Consellaría de Medio Ambiente, departamento responsábel do servizo, explican que os interesados poden acceder dende o enderezo electrónico www.meteogalicia.es a unha “versión reducida da web, de navegación doada, onde se recollen os aspectos máis relevantes da predición”.

Os usuarios poden ver nos seus aparellos a última imaxe de satélite, o prognóstico da xornada e un resume do que se agarda a medio prazo. Tamén se pode consultar a situación por localidades concretas. Dende Medio Ambiente sinalan que pretenden ampliar progresivamente as opcións do servizo até equiparalas coas da web.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: