Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Galiza-Camerún

Rijkaard prohibe que Eto'o poida estar no Galiza-Camerún

O dianteiro do FC Barcelona non estará este xoves en Balaídos, por desexo do adestrador do club catalán.

Redacción - 11:43 26/12/2007
Balaídos non poderá disfrutar co xogo do camerunés

Balaídos non poderá disfrutar co xogo do camerunés

Os medios deportivos cameruneses fanse eco esta cuarta feira da noticia: Eto'o non estará en Vigo por decisión do adestrador do FC Barcelona, Frank Rijkaard.

Dado que o partido deste xoves entre Galiza e Camerún non entra dentro do calendario FIFA, os clubs pódense opoñer a que os seus xogadores participen neste tipo de encontros.

Xa que logo, o adestrador holandés -despois da estrepitosa derrota da pasada fin de semana no seu campo contra o Real Madrid- preferiu non deixar que o camerunés xogase contra a selección nacional galega.

A pregunta é se Rijkaard decidiría facer o mesmo no caso de que fose Cataluña quen xogase este xoves contra Camerún. Vieiros tratou de se pór en contacto cos responsábeis do FC Barcelona sen éxito xa que esta cuarta feira é día festivo en Cataluña.

Por outra banda, o seleccionador nacional de Camerún, Otto Pfister, que tampouco estará en Balaídos, xa lle buscou substituto a Eto'o: Joseph Désiré Job, liderará o ataque camerunés.

Posíbel renuncia de Otto Pfister
A polémica non fica aí. Este mesmo martes, día de Nadal, Pfister enviou un fax á Federación Camerunesa de Fútbol (Fecafoot) onde manifestaba a súa decisión de non acudir ao encontro coa Selección Galega.

Porén, Iya Mohammed presidente da Fecafoot respondeulle con contundencia que o partido se vai xogar: "Facémoslle saber que a Fecafoot non tolerará a súa ausencia no encontro de Vigo.

A súa negativa a participar considerarase como a vontade manifesta de non querer colaborar co órgano técnico que é a Fecafoot". Ademais, ameazan a Pfister con acudir mesmo á FIFA en caso de incumprimento.

Poden consultar ambos os dous comunicados (o de Otto Pfister e mais o de Iya Mohammed) no xornal deportivo Camfoot.com.


2,71/5 (17 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: