Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ABERTA A INSCRICIÓN NA WEB

En marcha Xuventude Galiza Net 2008

Do 22 de decembro ao 24 de xaneiro xa se poden rexistrar os usuarios que aspiran a participar no encontro informático.

Redacción - 13:00 26/12/2007

Dende este sábado está aberto o prazo de inscrición para a web de Xuventude Galiza Net, a gran festa da informática que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e que terá lugar en Compostela do 14 ao 16 de marzo. O encontro está dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, que xa poden rexistrar os seus alcumes na páxina.

A alta na web é o primeiro paso para poder participar en Xuventude Galiza Net 2008. O seguinte paso será o 26 de xaneiro ás cinco da tarde. A esa hora quedará aberto o prazo de preinscrición, que en anteriores ocasións se esgotou en trinta segundos, pois as prazas se conceden por orde de solicitude. As persoas agraciadas poderán, despois, acceder á inscrición e ao pagamento da cota de inscrición, de 37 euros ou 27 para as persoas que dispoñan de Carné Xove ou Carné Máis.

Como nas anteriores edicións, o encontro desenvolverase no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela e contará con numerosas actividades paralelas, ademais do encontro informático en si mesmo.


Ligazóns

3,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: