Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Especial Selección 2007: Sobrenome

RSS de Especial Selección 2007: Sobrenome
Chus Lago. escaladora

"As nosas mulleres son moi competitivas e teñen moito que demostrar"

A deportista valora especialmente o potencial da selección de mulleres, á que lle augura un futuro brillante precedido dun traballo constante.

Redacción - 13:02 26/12/2007

Un nome: "Pois a verdade é que é difícil, pero gústame iso de Tropas de Breogán, ten moita forza"

Un prognóstico: "Camerún ten moi bo equipo, polo que vai ser un partido difícil para os nosos, pero coido que imos gañar 1-0. As nosas mulleres, que son moi competitivas e teñen moito que demostrar penso que gañarán cun 2-1".

A selección: "Desexaría que a nosa selección servise como un referente, como algo que che abandeira e do que ti te sintes orgulloso, todo o que axude a ser país é bo. Contan ademais cun apoio económico. Augúrolles un bo futuro xa que penso que se van esforzar aínda máis para que o equipo saia adiante".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: