Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEMORIA HISTÓRICA

San Xoán de Río homenaxea a Antonio Caneda, mestre republicano vítima do franquismo

O municipio da Terra de Trives réndelle tributo a un veciño comprometido coa extensión do ensino laico e universal, represaliado no Irixo en 1937.

Redacción - 10:21 28/12/2007

San Xoán de Río vai lembrar este sábado un mestre nado no municipio, Antonio Caneda Rodríguez, que morreu no Irixo por mor da represión franquista. Os actos comezarán ás 12.30 coa proxección do film de Xan leira “Crónicas de pizarra e xiz”. A partir das 13.15 horas comezará unha quenda de intervencións de familiares, políticos locais e do conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal.

Antonio Caneda naceu en Medos (San Xoán de Río) en 1906. Estudou Maxisterio e integrouse na Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (A.T.E.O). Entre 1934 e 1936 foi mestre de escola na súa parroquia natal, aplicando a máxima de moitos docentes da República: "Unha escola do pobo e para o pobo". A represión fascista segoulle a vida un 29 de agosto de 1937, cando só contaba con 31 anos de idade.


Documentos

4.6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: