Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
"Mil falangullos máis para o galego"

Ano novo, podgalego.org novo!

Ao tempo que reabren sitio na web, aproveitando o comezo de ano, velaquí unha chamada aos internautas a unírense á rede podcasteira do país.

Redacción - 09:00 02/01/2008

"Cinco meses calados xa era moito tempo de diola", contan desde Podgalego.org, "por iso reabrimos e reaximos, en beta, despois da desfeita e a estragaría que supuxo a caída e desaparición do servidor onde hospedabamos o sitio".

"Se tedes suxestións ou queixas que facernos, enviarnos novas relacionadas co podcasting ou de interese para os podcasteiros, se sabedes dalgún falangullo que non estea metido no directorio, se tedes feitos manuais ou coñecedes recursos, ou se (ánimo!) queredes colaborar con este proxecto" podedes acceder xa a PodGalego: ano novo, beta nova. "Mil falangullos máis para o galego!"


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: