Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza e Asturias, únicas zonas do Estado fóra de perigo

Sen risco de "desertización" pero con plans contra a seca sobre a mesa

Cun millón de hectáreas a nivel estatal, o mapa de risco de desertización realizado polo ministerio de Medio Ambiente, deixa fóra de momento a Galiza.

Redacción / EP - 09:00 03/01/2008

É un terzo da superficie do Estado a que se cataloga en "risco de desertización". Case un millón de hectáreas en risco "moi alto"; 7,3 millóns de hectáreas en risco alto; 9,5 de risco medio e 18,8 de baixo risco. Do mapa de risco só quedan fóra no conxunto do Estado tanto Galiza como Asturias na súa totalidade. Os datos saen do programa estatal de Acción contra a Desertización.

A desertización mídese, segundo a ONU, sobre a base de indicadores físicos e biolóxicos, como aridez, erosión (perda de solo), incendios (proporción de superficie acumulada percorrida polo lume) e sobreexplotación de acuíferos. No futuro, a estes factores está previsto sumarlle outros de carácter socioeconómico. O plan estatal contra a desertización, que o goberno español incluirá no programa estratéxico sobre Patrimonio Natural e da Biodiversidade, inclúe así diversas iniciativas, entre as que está un plan forestal que propón por exemplo establecer unha cuberta vexetal estable a longo prazo nas superficies máis erosionadas para a prevención de incendios.

No entanto, en Galiza a preocupación de momento ten o nome de "seca", a máis grave no outono do país nos últimos 47 anos. Por este motivo, en novembro pasado a Xunta declaraba un estado de "prealerta", pedíndolle a todas as administracións que evitasen calquera consumo de auga que non estiverse suficientemente xustificado. No mesmo sentido, semanas máis tarde, o Goberno anunciaba o investimento de 32 millóns de euros para a prevención dos efectos da seca.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: