Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Voz galega desde Chiapas (5)

Seis días, catro partos de nariz vermello

Crónica de Iván Prado, director da caravana solidaria de Pallasos en Rebeldía, un ano máis en Chiapas.

Iván Prado - 11:21 03/01/2008

Despois de catro anos chegamos ao noso destino. Xa conseguimos formar a primeira compañía estable de pallasos zapatistas. Logo de 6 dias de actuacions , camiñatas, festas nocturnas, enfermidades varias, redilas que non chegaban e alistamentos sorprendentes, botamos a vista atrás e vemos orgullosos que o soño de crear unha compañía de clowns indíxenas en resistencia é tamén unha realidade.

En cada comunidade pola que pasabamos os promotores que participaran no curso de formación facían parte do espectáculo, incluso ás veces con creacions propias, pero un grupo deles formados por catro militantes de base e non tan de base do movemento zapatista FIXERON CODO A CODO, PASO A PASO, NARIZ CON NARIZ, A TOTALIDADE DA NOSA XIRA POLAS COMUNDIADES EN RESISTENCIA.

Catro irmáns para nós, que a base de acompañarnos xa coñecen todo o repertorio desta xira, agás a maxia (que aínda está reservada para próximos anos), e que esta mañá deixamos na entrada da sua colonia, con bágoas nos ollos e apertas que romperon fronteiras culturais e das outras.

En abril temos a vindeira cita e, de novo cos catro choles, “pallaso Lokonuk” visitará as comunidades zapatistas pero, para daquela, faremos todo o tour a pé chegando a lugares aos que nunca chegaron as visitas internacionais e menos aínda os “Pallasos en rebeldía”.

Moitos foron o momentos intensos desta 4 caravana pola risa con dignidade e rebeldía pero seguro que ningún tan renovador nin luminoso como o bautizo de narices que fixemos despois da actuación de Joljá, na tenda cooperativa baixo a amarela luz dunha bombilla comida polas telarañas e o pó.


Crónicas anteriores:


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Bautizo de narices
Bautizo de narices