Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EN LOGROÑO, DO 2 AO 6 DE XANEIRO

'Actual' dedica unha retrospectiva a Víctor Coyote

O músico, deseñador, documentalista e artista visual tudense cumpre 50 anos e recibe unha homenaxe no Escenario de Culturas Contemporáneas da Rioxa.

Redacción - 12:35 03/01/2008

O Actual 2008 é unha cita artística peculiar situada en datas pouco habituais, entre o aninovo e o día de Reis. E unha cita musical emerxente, que ano a ano vaise consolidando e nesta edición conta coa pariticipación de Los Planetas, The Waterboys, Single, Asian Dub Foundation, Digital21 ou Tarántula.

Actual tamén é cinema, e son artes visuais. E este ano dedica unha retrospectiva a Víctor Aparicio (Víctor Coyote), coincidindo co 50 aniversario do polifacético artista galego. Víctor Coyote, que tamén ofrecerá un concerto en Logroño (sábado 5 ás doce e media do mediodía), realizou a súa primeira exposición individual en 1987 en Madrid e dende entón veu compaxinando música e artes visuais.

O mércores ao mediodía inaugurouse a súa mostra antolóxica na Casa de los Periodistas de Logroño, coa presenza do propio artista. Rafael Amilburu presentou o acto, no que houbo varias performances e intervencións. Permanecerá aberta até o día 6.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: