Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONVENIO CO MINISTERIO DE TRABALLO

Vicepresidencia poñerá en marcha 30 novos centros co diñeiro da débeda histórica

Os 51,4 millóns, divididos en dúas anualidades, servirán para darlle pulo á Lei de Dependencia.

Redacción - 18:02 08/01/2008
Jesús Caldera e Anxo Quintana

Jesús Caldera e Anxo Quintana

Vicepresidencia destinará os 51,4 millóns da débeda histórica en poñer en marcha catro centros residenciais e de atención diúrna para persoas con discapacidade e 26 centros de día para maiores. Galiza recibe esa cantidade do goberno español despois da sinatura este martes dun acordo entre o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o ministro de Traballo, Jesús Caldera.

O convenio fixa un pagamento de 30,7 millóns en 2008 e outros 30,6 en 2009, dos que o ministerio achegará o 75% e a Xunta o resto. Deste xeito, cúmprese o compromiso adquirido por José Luis Rodríguez Zapatero con Quintana, a cambio de evitar o cesamento da ministra de Fomento.Así, construiranse dous centros residenciais e de atención diúrna a persoas con discapacidade intelectual, cada un con cen prazas, máis outros dous centros para persoas con dano cerebral, de 60 prazas, cun investimento total de 27 millóns. Ademais, comezarán a funcionar outras 1.088 prazas para persoas maiores en 26 novos centros de día, dos que 21 se construirán este ano cun gasto de 20 millóns.

Quintana criticou "todos os escépticos que puidero pensar no seu día que os acordos logrados na reunión da Moncloa eran retórica", e afirmou que co convenio deste martes "demostrouse que son acordos firmes e en serio".

Lei de Dependencia
O ministro dixo que o acordo asinado permitirá o desenvolvemento da Lei de Dependencia grazas á colaboración das diferentes administracións. Asemade, a ampliación da rede pública de Galiza "seguirá a crear emprego", dixo, "un emprego de calidade".


4,14/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: