Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
RETRANSMITIDA EN DIRECTO POR RADIO 3

Acción artística de Escoitar.org en Madrid

Ás once e media deste venres soltaranse dende o Círculo de Belas Artes 700 globos que captarán o son do ceo da capital do Estado.

Redacción - 10:46 11/01/2008

A arte é efémera. E moito máis se voa polo ceo de Madrid atada a centos de globos. Escoitar.org é unha actividade do Proxecto-Edición realizado por CGAC, MARCO e Fundación Seoane. Un dos seus obxectivos foi sempre sacar a arte á rúa. fóra dos museos, e nesta ocasión faino ao grande. Tamén investigou o carácter efémero das creacións artísticas, e a deste venres en Madrid vai durar ao redor de trinta segundos.

A acción consiste en soltar ao redor de 700 globos dende o Círculo de Belas Artes. Estes globos levan uns micrófonos que por medio duns transmisores, emitirán o son que capten no ceo de Madrid, até unha mesa de son situada na rúa, ao pé do edificio do Círculo. Os asistentes ao acto poderán escoitar o son resultante durante medio minuto, até que se perda o sinal emitido polos globos, a uns 150 metros de altura. A acción, que está prevista para as once e media, será retransmitida en directo por Radio3, no seu programa Siglo XXI.

Proxecto Edición, en xaneiro en Madrid
As distintas actividades e formatos xurdidos ao redor deste proxecto colaborativo poderán coñecerse en Madrid a partir do 11 de xaneiro e ata o día 30 do mesmo mes co Círculo de Belas Artes como base de operacións. Precisamente no Círculo, ás 12 h. do venres 11 de xaneiro e diante da sala Antonio Palacios, presentarase o proxecto en rolda de prensa. O Círculo de Belas Artes será a base, aínda que seguindo coa filosofía expandida do proxecto, outros espazos públicos -as librarías Panta Rhei, Arrebato e Sins entido- servirán de plataforma para o proxecto en Madrid, así como diversos medios de comunicación como Radio 3, Radio Círculo, Neo2 ou Rúa 20.


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: